Apadriña

Finca a Sobreira
Apadriña unha maceira

Con 100 € imos apadriñar unha maceira das que figura nun plano da finca. Cada unha das plantas asinarémoslle un nome e documentaremos con fotos e texto para establecer un vínculo afectivo coa Maceira que durará mentras se manteña en vigor a cuota anual ou a meceira deixe de ter vida.


Ofrecémosche unha caixa de sidra Rabiosa de 12 botellas de cada colleita anual, unha caixa de dúas botellas, un vaso e unha botella de vinagre de sidra de mazá co logo da sidrería e o nome que lle teñamos bautizado á maceira, unha camiseta de sidra Rabiosa, un percorrido explicado, charla polo llagar e proba da sidra elaborada con degustación de productos alimentarios autóctonos de Galicia.

A idea de todo isto é fomentar que o apadriñante teña a oportunidade de vivir a súa vida paralelamente a vida da Maceira, sempre dende o punto de vista da ecoloxía, coa intención de participar na construción de un mundo máis social e autosostible que prime o coidado do medioambiente.

 

A árbore da maceira pode chegar a vivir máis de 40 anos. Cando chega a primaveira, está en plena floración. Nesta época é moi importante que sopren ventos suaves e haxa abellas para que o proceso de polinización das flores se realice á perfeción, así aseguramos unha boa colleita de mazás, que son unha das froitas máis saudables que existen.

Finca a Sobreira
Apadriña a tua Maceira