Finca A Sobreira

Finca a Sobreira
As nosas maceiras

Na actualidade producimos mazás de diversas variedades como poden ser a Ernestina, a Durona, Coloradona, de la Riega Regona, Raxao, Clara ou Rabiosa entre outras, con unha superficie  en propiedade de varias hectáreas e algunhas parcelas máis en concepto de cesión. Toda a producción está identificada e certificada polo CRAEGA como producto ecolóxico.

 

Finca a Sobreira
O campus da mazá

Neste apartado experimentamos con variedades novas e probamos enxertos na planta da variedade da Rabiosa. Tamén organizamos visitas especificas dentro das plantacións explicando cuestións técnicas da vida das maceiras.

 

III ANDAINA DA MAZA DA SIDRA DE GALICIA

12 de setembro de 2020

Prezo: 25,00 €/persoa (Xantar incluido)
Más información no 689 413 824

ampliar info aquí

Finca a Sobreira
Apadriña a tua Maceira

Existe a posibilidade de apadrinar unha Maceira para calquer ciudadano que o desexe, onde aparte de facerlle un seguimento a súa planta durante a vida da mesma, pode beneficiarse de unha serie de eventos e degustacións no transcurso de cada anualidade, reflexado nun documento que lle atribue os dereitos da concesión que a empresa fai no apadriñamento.